miércoles, septiembre 28, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: SUSO VAAMONDE & XOSÉ LOIS ROMERO

29 de diciembre, 2018 - 23:00

SUSO VAAMONDE & XOSÉ LOIS ROMERO, presentando o traballo » 24 instrumentos tradicionales»

Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero presentan unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos.

A longa traxectoria destes músicos arredor do folclore, como fundadores ou colaboradores de destacados grupos como Leliadoura, Luvas Verdes, o Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza, Xacarandaina ou Aliboria, e a súa condición de virtuosos multiinstrumentistas permítelles ofrecer unha selección de músicas nun ameno concerto, no que interpretarán pezas do repertorio tradicional galego a dúo, combinando con mestría 12 instrumentos melódicos e 12 instrumentos de percusión, adobiadas con explicacións sobre a súa construción, xeito de se tocar, historia e outras curiosidades.

Entre os instrumentos que poderemos descubrir durante o concerto están distintos tipos de gaitas, a zanfona, dous tipos de acordeóns, requintas e frautas, ocarinas e asubíos, así como unha grande variedade de percusións, como o bombo, o tambor, a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, lata, tixola, tarrañolas ou charrasco.

Ademais, amosarase como evolucionaron estes instrumentos ao longo do tempo, principalmente nestes últimos anos, tanto na súa construción coma nos seus usos e posibilidades.

Recordamos que os días de concertos e preciso facer reserva para poder cear e ver o concerto o carón dos músicos sentados con mesa chamando o núm 982 24 34 57.

Detalles

Fecha:
29 de diciembre, 2018
Hora:
23:00
Categoría del Evento:

Local

La Cosechera
Rua Irmáns Vilar Ponte
Lugo, 27002
Teléfono:
982 24 34 57
Web:
https://www.facebook.com/La-cosechera-eventos-149155895673831/
X