
- Este evento ha pasado.
Concerto de Zmeitrei no Vello Cárcere de Lugo
12 de enero, 2019 - 20:30

Sábado, 12 de xaneiro, ás 20:30 horas, concerto de Zmeitrei
Esta agrupación formada por inmigrantes romaneses ofrecerá unha actuación de música fermosa e sinceira que surxe das duras realidades e loitas dun goberno poscomunista.
A voz do grupo, Paula Turcas é unha cantante de ópera soprano que renunciou á música clásica en busca dunha arte máis verdadeira basada nas loitas da vida cotiá. O líder da banda é o guitarrista Mihai Victor Iliescu, quen creou o concepto e estilo de Rough Romanian Soul. O seu son faise aínda máis único co virtuoso do vibráfono, Oli Bott.
Dentro do segundo ciclo Músicas Mesturadas (ver programación completa)