domingo, julio 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto de Zoelas no MusicAD 2019 de Lugo

9 de marzo, 2019 - 20:30

zoelas

Dentro da programación do MusicAD 2019 da Deputación de Lugo

Todos os concertos do MusicAD 2019 terán lugar na Sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. As entradas, que son totalmente gratuítas, deben de retirarse na web de ataquilla.com, a partir do venres 22 de febreiro ata esgotalas. Cada persoa pode retirar un máximo 2 entradas para cada concerto.

Sábado 9 de marzo

Unha das revelacións da temporada Zoelas é un grupo que aposta polo canto coral feminino, pero unindo canto tradicional.

Está formado polas voces de Beatriz García, María Bouzas, Pilar Naveira, Érica García, Patricia Coucheiro, e a guitarra de Michel Rivadulla, a Requinta, Zanfona e Gaita de Bruno Villamor e as percusións de Miguel Varela “Miki”.

Matriarcado. O canto como berro. Zoelas. Música tradicional fusionada con outros estilos. Un dicire propio, que agroma do canto do País para pendurarse en arranxos que miran con outros e cos mesmos ollos. Todo está por escribir nun lenzo que sabe a monte, a Terra. Unha terra que ferve e que, máis tarde que cedo, botará por fora.

Sábado 16 de marzo

Ana Alcaide é unha madrileña afincada en Toledo, que desde fai anos decidiu emprender un camiño distinto no folk en España: interpretar temas tradicionais casteláns e sefardíes, pero cun instrumento propio do folclore de Suecia: a Nyckelharpa ou Viola de Teclas.

Alcaide presentou o seu traballo nalgúns dos festivais, teatros e escenarios máis importantes de España, Francia, Italia, Alemania, Marruecos, Canadá, Bulgaria, Indonesia, Corea do Sur, Uzbekistán, Arxentina e Uruguay. Pero a súa evolución persoal e artística levárona a conquistar novos campos creativos nos últimos anos.

Sábado 23 de marzo

Actuación do dúo formado por Fernando Barroso & Margarida Mariño. Barroso, é un músico ferrolán, compositor e produtor galego que actúa acompañado pola xove violoncellista viguesa Margarida Mariño, quen recibíu clases de prestixiosos violoncellistas como Cristophe Coin, Barbara Switalska, Asier Polo y Herre Jan Stegenga.

Actualmente Barroso é músico titular da Orquestra Sinfónica Vigo 430, do Ensemble Galeria e do dúo Treme. A súa bagaxe internacional ao longo destes anos levoulle a tocar en importantes escenarios de todo o mundo, con diversas bandas e proxectos persoais, e que desemboca no inicio a súa carreira en solitario, presentando o seu primeiro disco Intropía en 2016 e este novo traballo Silence lovers club – Mandolin pieces, presentando en xaneiro de 2018. Entre outros galardóns recibiu o “Premio Opinión ao Mellor Artista Galego 2016”.

Sábado 30 de marzo

Candorka Trio, formado por Brais Monxardín, Vadim Yukhnevich e Miguel Anxo López. Constitúe un proxecto que toma como eixo definitorio a música de raíz e a vontade de expresala desde a experimentación e o inconformismo.

FONSAGRADA é o seu primeiro traballo, froito da complementariedade e das inquedanzas de tres músicos que souberon conxugar o repertorio gaitístico e vocal da comarca da Fonsagrada con sonoridades que proceden do jazz europeo, o rock ou a vertente clásica.

Trátase dunha proposta contemporánea que abrangue do son máis enérxico até o intimista e que aposta pola modernidade sen renunciar a melodías que aínda conservan a capacidade para definirnos nun mundo cada vez máis global. Preséntasenos arroupado pola linguaxe pictórica de José Arias, caracterizada tamén pola introspección e a indagación. O resultado é un fluír e confluír expresivo que abre novos camiños e non deixa indiferente.

Detalles

Fecha:
9 de marzo, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
Teléfono:
982 21 00 66
Web:
centrad.org
X