
- Este evento ha pasado.
Concertos de Bule e Tecor Societario
19 de marzo - 22:00

Concertos de Bule e Tecor Societario
Bule
A admiración polos sons que emanan dos seus discos favoritos de punk , power pop, new wave … leva a Pablo , Jetu e Chelen a crear un novo proxecto no que render inconscientemente unha homenaxe ao 40 aniversario da explosión musical de 1977, e a todas aquelas bandas que formaron parte dela, ou que a día de hoxe seguen mantendo ese xeito de facer e entender a música
Un pouco despois únese a eles Oscar e péchase así o círculo ó que darán o nome de Bule.
Tecor Societário
Tecor Societário nasce no ano 2017 em Compostela.
Desde aquela procuram umha mistura de punk e folk com vontade de fazer temas próprios e reinterpretar peças populares galegas.
Nos concertos de Tecor Societário flue a energia. No seu variado repertório destaca a mistura da música tradicional com a atual.
Gaita e acordeom combinam-se numha simbiose única com guitarra, baixo e bateria, que seguindo o ronsel do «celtic punk», resolve-se num som claramente galego.