jueves, septiembre 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concertos de Chicharrón e Os Amigos dos Músicos

17 de mayo, 2019 - 13:00 - 18 de mayo, 2019 - 13:00

Concertos de Chicharrón e Os Amigos dos Músicos

Letras galegas, 17 e 18 de Maio, un concerto cada día, Chicharrón e Os Amigos dos Músicos,  dentro do FACELA Fest 4 en colaboración coa Deputación de Lugo.

Lugar: Xardíns da Deputación, entrada de balde

17 de Maio 13:00 Chicharrón
Nacen en Carballo en 2013 cunha intención claramente intimista e poética para que o oínte viaxe ó seu interior máis persoal, co amor como centro de todo. Veñen a presentarnos o seu recente terceiro disco «Cancións clínicas» onde a electrónica, guitarras e sintetizadores conviven de forma espectacular co romanticismo marca da casa.

 

18 de Maio 13:00  Os amigos dos músicos.
Nacen en Ourense para recoller parte da historia da música popular feita en galego e darlle un novo pulo cheo de orixinalidade e frescura, folk rock luminoso sen deixar de lado a electricidade. O medo, o amor, a loita ou a perda están presentes nas súas composicións creando tamén esas paisaxes sonoras que transportan ó oínte por diferentes lugares de Galicia. Lugo será unha das primeiras datas onde presentarán en directo «Segundo fogar» o novo álbum que está a piques de sair.

O cartel é obra de Pepe Saavedra.

Detalles

Comienza:
17 de mayo, 2019 - 13:00
Finaliza:
18 de mayo, 2019 - 13:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X