jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concierto de Anlauf Dúo

16 de abril, 2018 - 20:00

Gratuito

Formación integrada polo pianista Manuel Borraz Monasterio e polo saxofonista Pablo González Balaguer. Con certo aire reivindicativo, Anlauf Dúo busca a sorpresa no oínte, mostrando que o piano e o saxofón poden ir facilmente da man, ofrecendo unha nova e persoal visión, froito da boa conexión tímbrica de ambos instrumentos.Formáronse en España, Suíza e Francia cos máis prestixiosos profesores de cada país. Os máis importantes son: Marcus Weiss, Jean Marie Londeix, Heinz Holliger, Ferenc Rados, András Keller, Sergio Azzollini, Claudio Martínez Mehner, Filippo Gamba e Anton Kernjak.

O programa do concerto, estruturado en dous actos, comezará cun preludio no que os dous músicos interpretarán pezas de Alfred Desenclos, Antón García Abril e Paul Creston. A segunda parte da actuación de Anlauf Dúo inclúe sete cancións populares españolas, compostas por Manuel de Falla; a sonata para saxofón alto de Paul Hindemith, unha escolma de cancións españolas antigas, de Federico García Lorca, e a sonata para saxofón e piano, de William Albright.

Dentro do ciclo ‘Músicas a Carón da Mosqueira’ Ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica.

Promove: Lugo Cultural

Entrada gratuita ata completar capacidade

Detalles

Fecha:
16 de abril, 2018
Hora:
20:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X