miércoles, septiembre 28, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia: As vítimas españolas e galegas do Holocausto

22 de enero, 2019 - 20:00

Conferencia Benito Bermejo
  • Entre as actividades da ARMH e como complemento da exposición sobre Francesc Boix, fotógrafo de Mauthausen no Vello Cárcere de Lugo, o vindeiro martes 22 de Xaneiro ás 20h celebraráse a conferencia do investigador e historiador Benito Bermejo.
  • A conferencia analizará a traxectoria vital das vítimas a partir do monumental traballo de recompilación e investigación dos deportados realizado durante anos por Benito Bermejo.

Benito Bermejo

Benito Bermejo é historiador e investigador nado en Salamanca en 1963, especializado no estudo dos deportados españois en campos de concentración nazi.  As súas investigacións e os seus coñecementos rigurosos sobre a deportación o convirten no referente para os estudos e documentación das deportacións.

Realizou numerosas viaxes por España, Europa e polo mundo para recompilar entrevistas e historias coas testemuñas ou familiares. Está considerado tamén o maior estudoso da vida e figura de Boix.

«Francesc Boix, o fotógrafo de Mauthausen» foi o primeiro libro de Bermejo.

“Yo conocí la existencia de Boix –explica Bermejo– a finales de los años noventa. Las primeras fotografías me las enseñó un socialista de Arganda (Madrid) que vivía en Toulouse. Se llamaba Enrique Tapia y había sido mecánico de la aviación republicana y en Francia trabajó en Aerospatiale y creo que también tuvo un taller de bicicletas. El propio Boix le había entregado aquellas fotos en 1946 con ocasión de un acto con Pasionaria, y el hombre las guardaba como oro en paño”

É autor, xunto con Sandra Checa, de Libro memorial. Españoles deportados a los campos nazis. Neste libro identifica aos máis de 9000 deportados a campos nazis. Este traballo minucioso de recompilación de nomes dos deportados españois que ten permitido a familiares e investigadores una ampla información sobre os deportados españoles.

Bermejo apunta que os datos de Mauthausen están moi ben documentados, non sendo igual de fácil a tarefa de identificación noutros campos. Documentación dispersa que obriga a unha investigación repleta de problemas como nomes falsos nos rexistros, equivocacións na transcrición do nome, datos falsos, etc… Durante 20 anos Bermejo investigou o sucedido a máis de 9.000 deportados españois a campos de exterminio nazi. Nesta obra desenmascararon a impostores, confirmaron miles de identidades e descubriron detalles e elementos ocultos durante décadas.

A obra, xunto con Sandra Checa, Cartas desde Mauthausen, reconstrúe a historia única e descoñecida a partir da correspondencia de presos españoles recluidos en Mautahusen,

Foi guionista, entre outros, do documental Boix: un fotógrafo en el infierno de Llorenc Soler e do filme Boix el fotógrafo de Mautahusen de Mar Targarona.

É a persoa experta a quen se lle solicita para a investigación sobre deportación, homenaxes e reunións, tanto en España como Francia e outros países.

Detalles

Fecha:
22 de enero, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X