domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia bailada , danza moderna e contempóranea: Toni Jodar

11 de abril, 2018 - 20:30

O artista e mestre de danza Toni Jodar ofrecerá este mércores, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, unha singular explicación da historia da danza moderna e contemporánea no marco dunha conferencia bailada incluída na programación dos ‘Xoves de Moda’, un ciclo organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

Este artista catalán ilustra co seu propio corpo o paso do tempo da danza e emprega a súa experiencia e humor para facer unha “performance pedagóxica” creativa e amena.

Nesta conferencia bailada, este artista catalán amosa a evolución do clásico cara o contemporáneo, facendo referencia aos diversos xéneros e formas que utiliza o corpo para expresarse no movemento. Formado en Cataluña e Nova York, Toni Jodar colabora con artistas coñecidos como Carlos Santos, Cesc Gelabert , La Fura dels Baus e Comediants, entre outros.

Entrada libre ate completar aforo

Detalles

Fecha:
11 de abril, 2018
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
X