18.4 C
Lugo
Dom, 4 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia – Centenario do Seminario de Estudos Galegos

28 de marzo - 19:30

O C. Cultural Valle-Inclán participa das actividades programadas polo Museo do Pobo Galego en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística e Dirección Xeral de Cultura) para conmemorar o Centenario do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923, e programa unha conferencia do historiador, arqueólogo e antropólogo Francisco Calo Lourido sobre o tema “A significación histórica e cultural do Seminario de Estudos Galegos na Galicia do século XX”, 

A breve pero intensa existencia do S.E.G. entre outubro de 1923 e xullo de 1936 marcou claramente, xunto coa Xeración Nós, un antes e un despois no devir da cultura galega, enchendo un espazo ata entón inédito, que nas décadas posteriores foi asumido e mesmo replicado noutras institucións. 

Martes, 28 de marzo, Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere ás 19:30 horas. Entrada libre e de balde. 

Detalles

Fecha:
28 de marzo
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 29 71 95