
- Este evento ha pasado.
Conferencia-concierto: Wade Matthews
4 de mayo, 2018 - 20:30

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
I AM SEEKING
(SÍNTESE DIXITAL, OBXECTOS AMPLIFICADOS E MANIPULACIÓN DE GRAVACIONS DE CAMPO EN TEMPO REAL)
Crear música no momento e no lugar é sempre un desafío, e facelo cun ordenador portátil —unha tecnoloxía que pouco ou nada se parece ao noso concepto tradicional do que pode ser un instrumento musical— non o fai máis fácil. Pero centrarse nestas dificultades é asignarlle ao artista ou músico un papel de malabarista ou funámbulo, cando o que realmente importa é o que crea e como vivimos esa creación como experiencia persoal.
Na libre improvisación electroacústica, Wade Matthews vive o aquí e agora cunha intensidade que crece coa posibilidade de compartilo cun público que axuda a definir o momento e o lugar. Así, os oíntes non só comparten a experiencia da música senón que, coa súa presenza e a súa atención, inflúen directamente no proceso de creación. O resultado é unha música feita aquí e agora, unha música que sonda as posibilidades do momento e do lugar e que non pide menos dos oíntes. Como vai ser o concerto? Non o sabemos aínda, só sabemos que non será como o anterior, nin o próximo.