
Conferencia de Chelo Loureiro
2 de marzo - 20:00

Conferencia “XXl, o século das cineastas”, de Chelo Loureiro. Presentará Pilar Martínez Conde -Pilocha-.
2 de marzo, 20:00h, O Vello Cárcere.
Especializada na xestión de empresas con actividades relacionadas coas Industrias Culturais, no ano 2007 funda a súa propia produtora, ABANO PRODUCIÓNS.
Membro da Xunta Directiva de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas), da Academia da Artes e das Ciencias Cinematográficas de España e da Academia Galega do Audiovisual.
Produtora e directora, por Valentina acadou o Premio Goya á Mellor Película de Animación 2022.