23.2 C
Lugo
Lun, 25 Sep 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia e inauguración da mostra «O herbario de Rosalía»

28 de febrero - 19:00

Conferencia e inauguración da mostra «O herbario de Rosalía»

A Fundación Rosalía de Castro abre o martes 23 no Vello Cárcere de Lugo, en colaboración co Concello, a exposición ‘O Herbario de Rosalía’, unha mostra con 40 imaxes do Herbario divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e “outras flores, plantas e especies comestibles”.

A apertura da mostra acollerá tamén unha conferencia de María López Sández, profesora e académica luguesa, ademais de co-autora da obra. Estarán tamén presentes Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía,  e MIguel Fraga, autor das imaxes do Herbario.

O Herbario de Rosalía

A realización do herbario xurdiu no marco dun proxecto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Cunha traxectoria previa de estudo da figura e obra de Rosalía de Castro, o actual proxecto céntrase nas Humanidades Dixitais e o uso de Sistemas de Información Xeográfica así como Bases de Datos como instrumento de estudo e análise.

Coa finalidade de elaborar un herbario artístico ligado á obra e figura de Rosalía, levou a cabo un baleirado completo da obra, elaborouse unha base de datos coas mencións das distintas especies na súa produciónpoética e en prosa, e mesmo revisouse a súa epistolario e os seus artigos de prensa.

Tras un estudo de frecuencia e distribución, elaborouse o propio herbario, proceso dirixido por María Isabel Fraga Vila, profesora de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela que durante anos dirixiu o Museo de Historia Natural da Universidade.

A elaboración requiriu a recollida de flores e plantas seguindoun ciclo anual e levou a cabo privilexiando os espazos rosalianos (así, varias das plantas da serie «Herbiñas do camposanto» foron efectivamente colleitadas no cemiterio de Adina e outras moitas, en xeral, nas marxes do Sar en espazos que transitou a propia autora).

Detalles

Fecha:
28 de febrero
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 29 71 95