
- Este evento ha pasado.
Conferencia e visita guiada: a Domus do Mitreo
10 de diciembre, 2019 - 20:00

Conferencia e visita guiada: a Domus do Mitreo
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) organiza o vindeiro martes 10/12, a partir das 20.00 horas, unha xornada cultural arredor do xacemento arqueolóxico que acubilla o Museo Universitario A Domus do Mitreo.
O programa desta xornada, que está aberta á participación de todos os socios e socias de Alumni USC, así como a todo o público interesado pola temática, comezará no auditorio da Casa de Saber de Lugo cun relatorio a cargo do responsable da escavación arqueolóxica deste xacemento mitraico, Celso Rodríguez Cao.
Unha vez rematada a súa exposición, o propio Celso Rodríguez Cao será o encargado de conducir ao público presente na sesión en visitas guiadas polo xacemento arqueolóxico que acubilla o Museo Universitario A Domus do Mitreo, así como polas salas complementarias do mesmo.