
- Este evento ha pasado.
Conferencia en homenaxe a Xela Arias
28 de octubre, 2021 - 20:00

Conferencia de Mª Xesús Nogueira en homenaxe a Xela Arias
“Busco a vida entre papeis. Achegamento á vida e á obra de Xela Arias” é o título da conferencia que pronunciará a profesora e escritora Mª Xesús Nogueira nun acto organizado polo Club Cultural Valle-Inclán en homenaxe á protagonista das Letras Galegas neste 2021.
Mª Xesús Nogueira é Doutora en Filoloxía Galega pola Univerrsidade de Santiago de Compostela, agora profesora na mesma Universidade. Foi profesora no Campus de Lugo. Escritora, ensaísta, editora. Autora de “Xela Arias, poesía reunida” (Xerais, 2018) e “Xela Arias. A literatura e a vida, por elección: Día das Letras Galegas 2021”, do que foi coordinadora, editado pola USC. Completarae o acto coa presentación dun PowerPoint.
Xoves, día 28 de outubro de 2021, Salón de Actos do Vello Cárcere, 20:00 horas.
Entrada libre. Invítase ás persoas interesadas no tema.