martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Conferencia: “Galicia para crear ficción, aposta teatral e audiovisual”.

23 de noviembre, 2018 - 20:00

Dentro das actividades dos 30 anos de Achádego Teatro

Entrada libre ata completar aforo

Jorge Coira: Director, guionista e montador. Nace en Rábade e amosa dende a adolescencia a súa paixón polo cinema. Nos anos 90 empeza no mundo do cine realizando curtametraxes. En 2002 filmou a súa primeira largometraxe, o filme “ entre bateas” despois viñeron “o ano da carracha” rodada en Lugo. No ano 2010 estrea “18 comidas” que leva recibido numerosos premios, sendo seleccionada en máis de 30 festivais internacionais. Traballou en varias series de televisión. En 2016 gañou o Goya á Mellor Montaxe polo seu traballo en ”El Desconocido” de Dani de la Torre.

Antonio Mourelos: Naceu en Lugo en 1959. Licenciado en Imaxen e son na Facultade de Ciencias da Información da Universidade complutense , empezou a traballar na radio en Lugo. Nos anos 80 marchou para Santiago en donde realizou labores de doblaxe e empezou a traballar en varias películas e series galegas. Unha veintena de series e máis de unha ducea de películas. Actualmente é profesor asociado na Facultade de Ciencias da Comunicación impartindo a materia de “Dirección e Interpretación cinematográfica”.

Mercedes Castro: Recibiu formación actoral na Escola de Teatro e Danza “Espacio Aberto” en Santiago de Compostela entre 1994 e 1997. Con curso de posgrado en Arte dramática, teoría, práctica da interpretación un ano despois. A súa experiencia como actriz pasa polo Centro Dramático Galego , o grupo Xalgarete, teatro espello cóncavo, teatro do Atlántico, alalá produccions entre outras. Participou en varias series televisivas e longametraxes. En 1998 acadou o premio María Casares de teatro a mellor actriz protagonista, en 1999 mellor espectáculo teatral por “ a viaxe de lola” no certamen de teatro de Logroño. No 2001 funda Eme2 Producción e distribución , da que é xerente e directora hasta a actualidade. Empresa que distribue compañías de artes escéncias na mayoría dos círculos de todo o Estado.

Detalles

Fecha:
23 de noviembre, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X