
- Este evento ha pasado.
Conferencia «Mindfulness para familias: Educar para ser feliz»
5 de abril, 2018 - 20:00 - 21:00

O xoves 5 de abril a Sede Afundación de Lugo acolle unha nova conferencia do programa Educación S. XXI, «Mindfulness para familias: Educar para ser feliz», impartida por Belén Colomina.
Belén Colomina, psicóloga e terapeuta Gestalt, tratará nesta conferencia temas que teñen que ver coa familia como grupo social primario, un dos sistemas onde se xesta a educación da nosa mocidade. As novas configuracións familiares e as múltiples demandas ás que se enfrontan, fan que a educación se converta nun reto. Mindfulness en familia é espertar ás posibilidades, beneficios e retos dunha educación consciente e intencionada. Acompañar as fillas e fillos no proceso de vivir plenamente, con valores e na dirección escollida, é dotalos das mellores ferramentas educativas.
Poderemos aprender a desenvolver habilidades tales coma a calma e a estabilidade mental, adestrar a conciencia corporal e emocional e actitudes e valores construtivos, colaborativos, que nos permitan coñecernos mellor para relacionarnos dun xeito saudable cos demais e con nós mesm@s.
Asistencia de balde, previa inscrición aquí.