
Conferencia sobre a oceanógrafa Ángeles Alvariño
1 de diciembre - 12:00
Conferencia sobre a oceanógrafa Ángeles Alvariño
O Pazo de San Marcos acolle a conferencia “Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles”, organizada por Igaciencia coa colaboración da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Xose Fraga Vázquez, experto en cultura científica cunha longa traxectoria na docencia e na dirección de institucións como o Ateneo Ferrrolán, os Museos Científicos Coruñeses ou o Instituto José Cornide, encargarase da ponencia, que afondará no percorrido profesional e labor científica de Ángeles Vilariño (Serantes, Ferrol, 1916 – San Diego, USA,
2005), pioneira e referente da oceanografía biolóxica a nivel internacional.
A conferencia, que se celebrará as 12.00 horas, con entrada libre, encádrase nos actos programados arredor do Día da Ciencia en Galego, dedicada á oceanógrafa ferrolá.