viernes, julio 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Congreso Internacional de Arqueoloxía do Ouro

7 de noviembre, 2018 - 9 de noviembre, 2018

Xa está aberta a inscrición para participar neste Congreso

A Conferencia inaugural deste Congreso será impartida polo ourensán Marcos Martinon –Torres, quen asumiu recentemente a Cátedra Pitt-Rivers de Ciencia Arqueolóxica, na Universidade de Cambridge, despois de varios anos liderando un grupo internacional de investigadores como Profesor of Archaeological Science na University College London. O seu traballo céntrase na análise científica de artefactos arqueolóxicos, buscando pistas para investigar a súa fabricación, orixes ou datas. Traballou en proxectos de investigación en Europa, América, Asia e África, e os seus proxectos máis destacados concentrarse hoxe sobre Exército de Terracota de China, e ouro precolombino en Sudamérica. É autor de máis de 120 publicacións, deu conferencias públicas en máis de 20 países e apareceu en varios documentais de televisión difundidos internacionalmente.

Ademais haberá mais de 20 relatorios entre os que destacan, Chris Standish co uso da xeoquímica; Barbara Armbruster sobre o ouro nos inicios da metalurxia; Alicia Perea, mastros ourives galegos; Jody Joy falará dos torques áureos; Thomas Schattner da iconografía castrexa; Mary Cahill imaxes solares da Idade de Bronce ou Beatriz Comendador do ouro mitolóxico. Toda a información cos relatorios esta dispoñible na dirección https://www.arqueoloxiaouro.org/.

4 Sesións temáticas
Neste Congreso de Arqueoloxía do ouro, trataranse os seguintes temas:
1. Terra Auris: paisaxe aurífera e circulación do ouro. Estudos de minería e xeoquímica para o estudo das procedencias e a circulación do ouro. Xeografía dos achados de ourivería, dispersión dos metais e das pezas. Recursos e explotacións mineiras, etc. Moderador e presentación da sesión: Marcos Martinón-Torres.
2. Tecnoloxía da ourivería antiga. Estudo da ourivería antiga e dos diferentes ámbitos tecnolóxico nos que se insire. Metodoloxías analíticas, resultados e novidades na investigación científica… Moderador e presentación da sesión: Xosé Lois Armada
3. O ouro e os sentidos. A ourivaría como símbolo, relacións de identidade, xénero, poder/prestixio. Simbolismos e significados. Moderadora e presentación da sesión: Aurelia Balseiro
4. A ourivería antiga na sociedade actual. Estudos e investigación no campo das relacións interdisciplinarias dende a etnoarqueoloxía, antropoloxía, museoloxía, percepción do ouro nas sociedades antigas e modernas e construción de identidades narrativas arredor da ourivaría. Moderadora e presentación da sesión: Beatriz Comendador

Detalles

Comienza:
7 de noviembre, 2018
Finaliza:
9 de noviembre, 2018
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp
X