
- Este evento ha pasado.
Contacontos: “A galiña dos ovos de conto”
26 de febrero, 2020 - 18:30

Contacontos: “A galiña dos ovos de conto”
“A galiña dos ovos de conto”, de Electra Menéndez, unha actividade creativa que xunta literatura e plástica, nas que as nenas e nenos realizarán bonecos das personaxes dun conto que inventarán coa axuda de Rosiña, a galiña dos ovos de conto. A actividade está orientada para nenas e nenos a partir de 3 anos, ten unha duración de 75 minutos e o aforo limitado a 20 persoas.
Estas actividades serán de asistencia gratuíta, mais por motivos de aforo deberá retirarse unha invitación na propia biblioteca. As invitacións comezarán a repartirse na tarde do luns de cada actividade, e estarán limitadas a dúas por persoa. As actividades irán dirixidas a distintas idades.