8.8 C
Lugo
Vie, 8 Dic 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Contacontos – «Contos no Ar»

31 de marzo - 18:00

Contacontos – «Contos no Ar»

31 de Marzo, 18:00 – Biblioteca Pública de Lugo – Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329. Entrada de balde.

Esta é a historia dun cazador de contos, Peter Hamelin Merlín tamén chamado “Ti”.

Os contos son como bolboretas ou avionciños de papel, hainos grandes e pequenos, hai bolboretas amarelas e contos alegres, hai bolboretas negras e contos tristes, e todos voan por ese marabilloso Mundo das Ideas, no País dos Contos que podedes atopar cando pechades os ollos e pensades…

“Ti” caza contos e ponos en gaiolas que el mesmo fai coas palabras e así, entrégallos a nenos e nenas que abrirán as gaiolas para que saian voando as historias.

Para nenas e nenos de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 30 minutos.

Ludoteca

Detalles

Fecha:
31 de marzo
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Biblioteca Provincial de Lugo
Avda Ramón Ferreiro
Lugo,
+ Google Map