
- Este evento ha pasado.
Contacontos musicais para nenos e nenas
10 de septiembre - 11 de septiembre
Contacontos musicais para nenos e nenas
O bosque urbano das Gándaras acollerá esta fin de semana contacontos musicais, dirixidos a nenos e nenas a partir de 3 anos.
En total, haberá catro sesións, o sábado 10 e o domingo 11 de setembro, ás 12:00 e 17:30 horas cada un dos dous días, que terán lugar na área dedicada ao souto do bosque urbano.
O acceso é de balde, pero para participar será precisa a inscrición previa, a través do enderezo electrónico lifealcaldia@lugo.gal.
Ao celebrarse nun espazo aberto e solleiro, recoméndase que as nenas e nenos leven gorra e protección solar.
En caso de choiva, a actividade trasladaríase ao interior do edificio Impulso Verde.
O espectáculo que se representa é unha obra teatral musical chamada “As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco”.
Coma nas edicións anteriores celebradas nos meses de agosto e setembro do 2021, os contacontos musicais están organizados en colaboración con FEARMAGA, a Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia.
As nenas e nenos asistentes recibirán un exemplar do conto “As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco” e material didáctico do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.