lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Contacontos no MIHL – “Os ratiños da caixa”

14 de abril, 2021 - 18:30

PROGRAMACIÓN DE CONTACONTOS NO MIHL:

Mércores, 14 de abril ás 18:30.

TRINKETRINKE, “Os ratiños da caixa”

A partir de 4 anos, 50 minutos de duración.

O rato Fuco vén dende Lonxedetodo, o lugar osnde viven os ratos e ratiñas de biblioteca, para contarnos dous dos seus contos favoritos: “contos de ratiños” e “sopa de ratos”, dúas historias do escritor Arnold Lobel.

ENTRADAS

Venres 23 de abril ás 18:30.

RAQUEL QUEIZÁS, “Cinema marabillas, ver para ler”

A partir de 5 anos, 50 minutos de duración.

A literatura é unha gran fonte de inspiración para o cine. No Día do Libro, Raquel Queizás achéganos as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos e libros clásicos da literatura.

Mércores 5 de maio ás 18:30.

MAGÍIN BLANCO, “O que levamos nas maletas”

A partir de 4 anos, 45 minutos de duración.

Contacontos musicado no que Magín Blanco interpretará algúns dos seus temas para público infantil, co que axudará aos nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras, as palabras, a lingua e os contos.

Xoves, 13 de maio ás 18:30.

POLO CORREO DO VENTO, “Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”

A partir de 4 anos, 50 minutos de duración.

Achegámonos á obra de Xela Arias a través dun contacontos e obradoiro de ilustración a cargo de Enrique Mauricio e Carlos Taboada, editores do libro sobre a autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, pertencente á colección Mulleres Galegas, de Lela Edicións.

Mércores, 20 de maio ás 18:30.

TARABELOS, “Sabela e o paxaro máxico”

A partir de 4 anos, 50 minutos de duración.

Adaptación dun conto popular galego no que se narran as penurias da pobre Sabela, que habita nun precioso castelo de terras gallegas. Espectáculo de monmicreques para que as nenas e nenos aprendan a romper cos estereotipos.

Detalles

Fecha:
14 de abril, 2021
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
Teléfono:
982 29 74 46
X