
- Este evento ha pasado.
Contacontos – Unha árbore ven a vernos
30 de abril, 2021 - 18:00
Contos para respirar…
O tío Teixo das montañas de Fonsagrada leva as nenas e nenos da biblioteca a unha viaxe ao mundo dos libros que son bosques e dos bosques que son libros.
Duración: 45 min.
Para 10 nenas e nenos de 4 a 12 anos, e 10 adultos.
Salón de actos ás 18:00 h.
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329.
Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID-19, esta actividade cumprirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para o desenvolvemento dunha actividade segura e sen riscos, no marco da biblioteca.