domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Contos para construír. Educación pola igualdade

24 de marzo, 2018 - 12:00 - 13:00

Contacontos pola igualdade sobre Ángeles Alvariño, Concepción Arenal, Maruxa Mallo e Rosalía de Castro. Pretende ser un medio de divertimento e aprendizaxe en familia, que axude a construír, peza a peza, conto a conto, a mellor versión de nós mesm@s.

A vida e a historia destas mulleres faro serán o fío condutor dun divertido espectáculo da Asociación Os Piñeiriños, en que gozaremos da música, o baile e do teatro canda Fuco e Xela, dúas lingoreteiras personaxes que nos irán relatando, ao xeito dun contacontos, os datos
máis relevantes destas mulleres senlleiras.

«Co gallo do Día da Muller, o 8 de marzo, desde Afundación queremos facer visible a figura de catro mulleres da nosa historia, catro galegas bravas que destacaron en distintos eidos a nivel mundial. No científico, María de los Ángeles Alvariño González; no xurídico, Concepción Arenal; na pintura, Maruxa Mallo; e na literatura, Rosalía de Castro.»

 

Sábado 24 marzo. 12.00 h Sede Afundación Lugo. Praza Maior, 16

Nen@s de balde*, persoas adultas 2 € (Gastos de xestión á parte)

*Imprescindible reservar prazas en Ataquilla. Admitiranse 3 prazas máximo por persoa.

ENTRADAS

Duración: 45 m aprox.

Detalles

Fecha:
24 de marzo, 2018
Hora:
12:00 - 13:00
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Local

Afundación
Praza Maior, 16
Lugo, Lugo 27001 Spain
Teléfono:
982 28 90 96
Web:
afundacion.org
X