
- Este evento ha pasado.
Coro da USC e Capela Compostelana
14 de mayo, 2018 - 20:00
Gratuito
CORO da Universidade de Santiago de Compostela e Capela Compostelana dentro do ciclo ‘Músicas a Carón da Mosqueira’ Ciclo que impulsa a novos creadores e intérpretes dentro da música clásica.
Entrada gratuita ata completar capacidade
Promove: Lugo Cultural
O Coro Universitario Santiago de Compostela Capela Compostelana da USC ofrece este luns 14 de maio, a partir das 20.00 horas, no Círculo das Artes de Lugo, un repertorio de motetes e madrigas
A formación universitaria dirixida por Miro Moreira contará nesta intervención, que se repetirá este martes 15 de maio, a partir das 21.00 horas, na Igrexa da Universidade, coa colaboración da Capela Compostelana, así como como coa participación de varios solistas, entre os que se atopan a soprano Aida Cruz, a mezzosoprano Mariola González, a contralto Sara de Sousa, os tenores Chema Ares e Marcos Mato, e o barítono Pablo Nieves.
O repertorio ‘Motetes, madrigas e diferencias’ ofrece un programa de 18 composicións musicais dos séculos XV e XVI no que non faltan pezas de Victoria, Guerrero, Monteverdi, Josquin des Prez, Pierre Sandrín, Diego Ortiz, Tylman Susato, Thoinot Arbeau, antonio Cabezón, Jacques Arcadelt, Luis Milán, Orlando di Lasso ou Mateo Flecha.
Do mesmo xeito que os distintos solistas convidados, tamén participarán neste repertorio varios músicos da Capela Compostelana, tales como Francisco Luengo, violas da gamba; Xurlo Varela, viola da gamba; Ana Pazos, cornetto; Joana Almeida, baixón; J. Manuel Vilas, arpa, e Marcos Mato, percusión