
- Este evento ha pasado.
Curva España, de Chévere no Auditorio Gustavo Freire
19 de enero, 2020 - 18:30

Programación de teatro e música para público adulto e familiar no Auditorio Gustavo Freire
– Patapum, de Elefante Elegante, 12 de xaneiro
– Curva España, de Chévere, 19 de xaneiro
Duración: 90 minutos
Dirección: Xron
Elenco artístico: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco
A historia da curva na que se matou España.
Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre a historia e a lenda, entre a pantalla e o escenario.
Coma outras veces, partimos dunha historia moi local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense) durante os últimos cen anos.
Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito e o mito fala da súa morte nunha curva.
ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.
IMPORTANTE: NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA UNHA VEZ COMEZADA A FUNCIÓN, NIN CON COMIDA E BEBIDA.
PROHÍBESE A TOMA DE FOTOGRAFÍAS E GRAVACIÓN DO ESPECTÁCULO, TANTO NO QUE SE REFIRE A SON COMA A IMAXE, A EXCEPCIÓN DOS MEDIOS GRÁFICOS PREVIAMENTE AUTORIZADOS.
+ info
010 ou desde fóra de Lugo, 982 297350
Teatro e espectáculos próximos:
– Trogloditas, de Tanxarina Títeres, 26 de xaneiro
– Poeta en Nova York, de Producións Paloma Lugilde, 29 de xaneiro
– Feo, de Caramuxo Teatro, 2 de febreiro
– Chola a IT girl, de Artesacía, 16 de febreiro
– Pinconús, de Pinconús, 5 de abril
– Furia Necesaria, de Aldaolado, 12 de abril
– Celebraré mi muerte, de Joan Fernández, 19 de abril
– Falar por falar, de Volta e Dálle Teatro, 10 de maio
– Mai Mai, de Baobab Teatro, 17 de maio
– Crónicas do Paraíso, de Sarabela Teatro, 24 de maio
– Crunch, de Muu, 31 de maio
– O mellor dos catro elementos, de Pepe Vaamonde Grupo, 7 de xuño
Resto de programación
Teatro grecolatino para escolares: principios de marzo
Mostra de teatro clásico, con 10 representacións no Auditorio e unha no Vello Cárcere: marzo
Mostra de teatro universitario: última semana de marzo
Semana da danza: última semana de abril