16.6 C
Lugo
Mar, 3 Oct 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Danza consciente CALI.

11 de diciembre, 2022 - 11:30

Danza consciente CALI.

O vindeiro domingo 11 de decembro ás 18.30 h. no MIHL terá lugar a presentación do MÉTODO CALI a través dunha proposta escénica que levará a cabo a compañía de danza consciente CALI.

“Cali” é un selo de danza e movemento consciente codificado nunha metodoloxía de
ensinanza e nunha marca creativa de producións escénicas conectadas coa interioridade.

Según apunta Alba Felpete, creadora e directora de CALI “creamos unha beleza rota e
imperfecta en sintonía coa realidade da vida, desde dentro cara a fora, desde a
profundidade cara a superficie, de xeito cru e honesto. Poñemos o acento no proceso, no
interior e en cada instante. É unha forma de vivenciar a danza en conexión cun mesmo.”

Alba Felpete é a directora e creadora do proxecto, unha muller con ampla experienza
como bailarina profesional, docente e coreógrafa.

Actualmente desenvolve o seu traballo profesional docente no Conservatorio de Danza da cidade lucense. A súa faceta como escritora (foi premiada nalgún certame de poesía ademáis de participar como letrista de cantantes consagradas) tamén está moi presente nas súas obras e prácticas, Felpete defínea como “unha poética do movemento, porque o ritmo poético non é lóxico” é por iso polo que fuxen de espectáculos “lóxicos e conceptuais” centrándose na esencia e na sensibilidade.

A compañía de danza intégrana seis mulleres formadas profesionalmente en danza
clásica e contemporánea e saídas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, serán
elas quen leven a proposta escénica deseñada por Alba Felpete.

Na estrea contarán ademáis coa actuación de Astrogirl, cantante e colaboradora do proxecto.

Detalles

Fecha:
11 de diciembre, 2022
Hora:
11:30
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
+ Google Map
Teléfono
982 29 74 46