15 C
Lugo
Mar, 3 Oct 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Danza – Xenérica e Fugaces e Picnic on the moon

17 de febrero - 20:30

Danza – Xenérica e Fugaces e Picnic on the moon
Cía. Colectivo Glovo, Cía. Exire y Cia. Júlia Godino i Alexa Moya

Idade recomendada: Todos os públicos.

Venres, 17 de febreiro de 2023 20:30 hs.

Sinopses:

XENÉRICA da Cía. Colectivo Glovo – Galiza é un solo que profundiza na natureza feminina máis ancestral e salvaxe que pretende perpetuar a figura das mulleres. É un canto ás mulleres da miña vida, que son xenéricas para a vida de todas. É unha homenaxe ás nais, avoas, sobriñas e irmás, e a todas as féminas que loitaron insaciablemente por protexer e coidar pasando desapercibidas. creada por Colectivo Glovo e interpretada por Esther Latorre.

FUGACES da Cía. Exire – Galiza é unha peza de danza para rúa, espazos efímeros e non convencionais levada a cabo por Estefanía Gómez, acompañada pola voz e música en directo da artista galega Xa`Lum.

PICNIC ON THE MOON da Cia. Júlia Godino i Alexa Moya – Catalunya é un “tableau vivant” de dous individuos no Sur de Francia pasando a tarde nun parque, gozando dun pícnic baixo o sol e da suave brisa que acariña os seus cabelos. Que pasaría se de súpeto repararan en que o sol, en realidade, é unha lámpada e de que esa agradable brisa provén dun ventilador?

Picnic on the Moon naceu dunha imaxe, puramente como punto de partida. Como se movería esta imaxe? Quen a move? É real? A peza explora o contraste entre unha realidade aparentemente perfecta cun interior deserto. Un espazo no que a liña divisoria entre realidade e falsidade difumínase.

Entradas: A través do portal web entradaslugo.es e na  Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Fecha:
17 de febrero
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05