Desta vez nos «Encontros de Lúa Chea» queren poñer o foco sobre un aspecto puntual que ten unha gran importancia: son as mulleres (especialmente as novas) quen máis marcha da aldea ás vilas e cidades.
Para saber máis sobre esta realidade, afondar nas súas explicación e nas súas consecuencias a curto e a longo prazo, traemos a dúas persoas que teñen moito que achegar. Por un lado, Rocío Toxo Asorei, investigadora predoutoral e coautora dun estudo recente sobre as migracións actuais no rural galego, que nos achegará o enfoque analítico, baseado nos datos. E polo outro, Consuelo López Rodríguez, da Gandería Quintián (O Páramo), que coa súa experiencia de emprendemento rural pode amosar un camiño posible para frear e reverter ese proceso.
Lugar: cafetaría da EPS de Enxeñaría o martes 3 de marzo, a partir das 19 horas, para que escoites o que alí se vai dicir e para que contribúas coa túa opinión sobre unha realidade da que moitas podemos ser protagonistas.