martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Día da nai: teatro e música no cemiterio de San Froilán

6 de mayo, 2018 - 13:00

O cemiterio de San Froilán acolle unha representación teatral, música e unha ofrenda floral para conmemorar o Día da Nai

A Concelleira de Concello e Ciudadanía, Rosana Rielo, anunciu as actividades para conmemorar o Día da Nai no cemiterio municipal de San Froilán, que terá lugar o 6 de maio.

Estas accións enfócanse como un acto de acompañamento para as persoas que, nestas datas visitan o camposanto, co fin de realizar unha homenaxe familiar e íntima, proporcionándolles un ambiente cálido e acolledor.

As actividades comezarán ás 13:00 horas cunha representación teatral no recinto a cargo do grupo Palimocoteatro que realizarán unha lectura dramatizada dun poema acompañado con música clásica. Ademais o Coro Moderno da Escola Municipal de Música de Lugo (SMUL) interpretará tres pezas musicais.

Finalizarase a actividade cunha ofrenda floral das persoas asistentes, para o cal ofreceranse na entrada do cemiterio un pequeno ramo de margaritas a cada persoa visitante.

Detalles

Fecha:
6 de mayo, 2018
Hora:
13:00
Categoría del Evento:
X