jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Día da Xustiza Social: acto conmemorativo

19 de febrero, 2020 - 18:30

Cartel do Día da Xustiza Social: acto conmemorativo

Día da Xustiza Social: acto conmemorativo

A Rede de Técnicos de Inserción Laboral Lugo (TIL), constituída como un foro de encontro, discusión e traballo, no que participa a USC, a través da súa Área de Orientación e Inserción Laboral, xunto con outras nove de entidades que prestan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, conmemorará o mércores 19 de febreiro o Día Mundial da Xustiza Social coa celebración dun acto reivindicativo no salón de actos do Vello Cárcere de Lugo.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, abrirá ás 18.30 horas, esta sesión, de entrada libre e aberta á participación de todo o público interesado, cun breve acto de benvida ao público presente. De seguido, o director técnico da Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia), Xosé Cuns, ofrecerá un relatorio baixo o título ‘Defender a xustiza social, combatendo mentiras e prexuízos, xunto ás persoas en pobreza e exclusión’.

A Rede TIL Lugo, da que actualmente forman parte ASFEM-AFAMMER, Cáritas Diocesana de Lugo, COGAMI, Cruz Roja, Down Lugo, FADEMGA, FAXPG, FEAFES Galicia, Fundación Secretariado Gitano, Igaxes e a USC, a través da súa Área de Orientación e Inserción Laboral do Campus de Lugo, rematarán este acto reivindicativo de xustiza social coa lectura dun manifesto.L

Detalles

Fecha:
19 de febrero, 2020
Hora:
18:30
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X