jueves, julio 7, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Día dos Museos – Visitas á Domus do Mitreo

18 de mayo - 20:00

Día dos Museos – Visitas á Domus do Mitreo

O programa ‘Noite na Domus’, unha actividade complementaria do ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’ a través do que se ofrecen visitas guiadas con acompañamento musical ao xacemento da Domus do Mitreo, remata este mércores 18 de maio, cunha dobre sesión de visitas guiadas por Celso R. Cao e con acompañamento musical do zanfoñista do Arneiro Germán Díaz.

Os dous pases programados ao abeiro desta actividade, a través da que as entidades que
financian o convenio Lugo Cultural (USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de
Lugo) se suman á celebración do Día Internacional dos Museos, comezarán ás 20.15 e ás
21.30 horas, respectivamente.

O aforo máximo en cada quenda de visitas é de 25 participantes. As persoas interesadas
poden solicitar xa de balde as entradas a través do enderezo de correo electrónico
cultura.lugo@usc.es . Tamén se poden informar a través do número de teléfono 982 821
511 en quenda de 9.00 a 14.00 horas.

Detalles

Fecha:
18 de mayo
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Domus do Mitreo
Praza Pío XII, 3
Lugo, 27001
+ Google Map
Web:
https://adomusdomitreo.com/
X