
- Este evento ha pasado.
Día Internacional dos Museos no Museo Provincial de Lugo
18 de mayo
Día Internacional dos Museos no Museo Provincial de Lugo
11:00 horas. CON MANDIL
Visita guiada con Lucía Dequidt. Actividade dirixida a todos os públicos.
12:00 horas. “O Poder dos Museos e a súa capacidade transformadora, tecendo co terceiro sector”.
Presentación de Encarna Lago, xerente da RMPL, acompañada das 15 entidades proxectarase o documental SINTONÍAS: 15 ANOS DA REDE LUCENSE DE VOLUNTARIADO.
Todos os públicos.
De 18 a 20:00 horas. FORZA HEROICA: DIM2022
Traballando as emocións e recorrendo a nosa mente converteremos as nosas debilidades nas nosas fortalezas, ensinando a forza de cada un/unha de nós trasladada a comunidade museolóxica.
Deste xeito mostraremos a implicación dos nosos museos no eido social, esencial para consolidar a sociedade libre, democrática e culta citada anteriormente. Actividade dirixida a todas as idades.