Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Discovering Dinosaurs en Lugo

6 de noviembre - 7 de noviembre

Discovering Dinosaurs en Lugo

Os menores de 24 meses non pagan pero deben adquirir entrada.

Discovering Dinosaurs é unha exposición interactiva composta por unha vintena de réplicas animatrónicas dos xigantes que habitaron a terra fai 200 millóns de anos.

Unha viaxe ao pasado no que os nenos de todas as idades descubrirán de primeira man como eran, como vivían e ata como se movían estes xigantes prehistóricos.

Ao comezo do percorrido, cada pequeno recibirá un cuestionario cheo de probas e preguntas que terán que completar durante a exposición.

Unha aventura na procura do tesouro que os animará a aprender e estudar cada unha das especies expostas, así como desenterrar fósiles ou retratarse dentro dun ovo de dinosauro.

A mostra pretende ensinar aos máis pequenos os misterios desta época histórica, ademais de contribuír a unha aprendizaxe significativa doutros contidos do currículo escolar.

Mercar entradas DISCOVERING DINOSAURS en Lugo

Detalles

Comienza:
6 de noviembre
Finaliza:
7 de noviembre
Categoría del Evento:

Local

Pazo de Feiras e Congresos
Lugo, Spain
Web:
https://acandeloria.org/