
- Este evento ha pasado.
Documental – «Dores»
16 de agosto, 2021 - 20:00

Coincidindo coa véspera do Día da Galiza Mártir, a área de #MemoriaHistórica da Deputación de Lugo organiza unha proxección-coloquio arredor do documental Dores – Curtametraxe documental, sobre os campos de concentración franquistas en Galiza.
A curtametraxe, que poderá verse ás 20.00 h no Auditorio do Vello Cárcere, recolle os testemuños de persoas que sufriron, en diferentes formas, as consecuencias da represión e do silencio imposto polo fascismo ás vítimas e ás familias.
Tras o visionado, abrirase un coloquio con Clara Miñán e Laura Martínez, coautoras do guión, concebido desde a vontade de loitar contra o “esquecemento e o descoñecemento da historia propia”.
Entrada libre ata completar a capacidade do auditorio.
Colabora Cultura da Deputación da Coruña