Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental «En deuda con todas» e coloquio

12 de noviembre - 19:30

Bico de Grao colabora con Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) nestas xornadas
sobre os dereitos sexuais en El Salvador a través da proxección do documental «En deuda
con todas» o vindeiro venres 12 de novembro ás 19.30h na Casa do Saber.

No Salvador penalízase calquera tipo de aborto desde 1997.

3771 mulleres foron atendidas por violencia machista, case o 75% era menor de 19 anos.O 28% dos embarazos corresponden a nenas e mulleres de entre 10 e 19 anos.

O Estado salvadoreño vulnera os Dereitos Sexuais e Reprodutivos así comos os Dereitos
Humanos. Por iso o activismo feminista salvadoreño ergue a súa voz e vertebra un
movemento de oposición.

De entre as voces disidentes e reivindicativas do activismo feminista, destacamos á xornalista Mercy Mulato e ás músicas de rap Queen e Yezli Mic, que participan no documental «En deuda con todas» e que estarán con nós na proxección para dinamizar o debate posterior.

Coñeceremos de primeira man a situación de absoluta vulnerabilidade que sofren as
mulleres no país latinoamericano e como están articulando a súa vital loita.

É preciso inscribirse previamente https://N9.CL/3EYV

De balde.

Detalles

Fecha:
12 de noviembre
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001