12.7 C
Lugo
Jue, 30 Mar 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental «Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco»

29 de septiembre, 2022 - 19:00

Documental «Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco»

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo conmemora o 120 aniversario do nacemento de Maruja Mallo (Viveiro, 1902- Madrid, 1995) coa proxección do documental “Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco”, de Antón Reixa, e un coloquio sobre a obra da pintora
viveirense o vindeiro xoves 29 de setembro no Museo Provincial de Lugo.

A actividade desenvolverase a partir das 19.00 horas e contará coa participación de Antón Reixa, que repasará a traxectoria artística de Maruja Mallo  a partir do traballo realizado para o documental, xunto a Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo.

Dirixido por Antón Reixa, este documental mostra o percorrido vital e artístico dunha muller transgresora coas convencións sociais do seu tempo á que se lle negou ata a data un lugar na historia da pintura española.

‘Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco’ conta cos testemuños de Antonio Bonet Correa, Juan Manuel Bonet, Antón Castro, Isaac Díaz Pardo e Estrela de Diego entre outros e simula unha colaxe autobiográfico cun interesante reconto dos personaxes que foron influentes na súa vida como Salvador Dalí, André Breton, José Ortega e Gasset, Federico García Lorca, Pablo Picasso, Luís Buñuel ou Ramón Gómez da Serna.

Detalles

Fecha:
29 de septiembre, 2022
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
+ Google Map
Teléfono:
982 24 21 12
Ver la web Local