lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental: Mauthausen, regreso ao campo da morte

17 de enero, 2019 - 20:00

Documental: Mauthausen, regreso ao campo da morte

Este xoves ás 20:00 e como complemento á expo sobre sobre Francesc Boix, o fotógrafo de Mautahusen, no Vello Cárcere de Lugo, proxectárase o documental: ‘MAUTHAUSEN, regreso ao campo da morte’

Ao finalizar, celebraráse unha mesa redonda co realizador Manuel Torrente e Mero Iglesias e Pepita Doval amigo e prima de Enrique Doval Reija un dos participantes no filme
Presentan o acto a profesora María Paz Fernández, profesora e Carmen García-Rodeja, portavoz da ARMH

O DOCUMENTAL:

Trata de un traballo xornalistico onde dous galegos regresan o campo de Mauthausen onde estiveron presos durante a Segunda Gerra Mundial. A través da narración pódese coñecer coa súa propia voz a arrepiante experiencia de estar internado nun campo nazi e sobrevivir.

Os protagonistas do documental son Enrique Doval de Lugo e Joaquin Balboa de Ourense. Viaxamos con eles a Austria no mes de outubro de 1979.

Trátase dunha producción dos servizos informativos da Televisión de Galicia con guión e dirección de Manuel López Torrente, imaxes de Alex Adonis, montaxe de Jose Pernas e producción de Xabier Trepat.

Enrique Doval Reija

É un dos participantes no documental. Nacido de familia labrega en San Vicente de Coeo, foi a Madrid traballar cun famiiar. Enrólase no exército repubicano e tivo que marchar a Francia onde estivo nun campo francés e de novo se incorpora ó exército francés, foi detido e levado a un stalag perto de Téveris. Foi deportado o dia 25 de Xaneiro de 1941 ó campo de concentración de Mautahusen onde pasou todo tipo de penalidades ( que nos conta no documental). Foi liberado o cinco de maio de 1945. Vota á súa aldea natal onde continuou sufrindo persecución. Conta a famiia que nunca perdeu o humor. Faleceu no ano 1997.

Manuel Torrente

Traballa na redacción e como presentador desde 1976 en diferentes medios: director e presentador do “Telexornal América” e presentador do TX3. Realiza, entre outros, diferentes reportaxes: Mauthasen: Regreso ó campo da morte, Courel, as illas do interior, Mar de fondo, Ribeira Sacra, Un tesouro entre dous ríos ou O iate do fondo do mar.

Mero Iglesias

É músico, escritor e maestro . Formou parte do ngrupo Fuxan os Ventos dende a súa fundación en 1972 até 1983 para despois, en 1984, xunto con Mini, formar A Quenlla. Ten escrito numerosos ibros como Na lonxitude do tempo, Recendos de luz e de sombra, No papel que mudo escoita, Doce ducias e en numerosas obras colectivas

Pepita Doval

É prima carnal de Enrique Doval Seijas, a familiar máis directa e quen proporcionou moita información del desque voltou á súa aldea natal de San Vicente de Coeo.

Detalles

Fecha:
17 de enero, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

O Vello Cárcere
Av. Alcalde Anxo López Pérez, 10
Lugo, Lugo 27002 Spain
Teléfono:
982 29 71 95
X