jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Documental: Tódalas mulleres que coñezo

6 de marzo, 2019 - 19:00

Documental: Tódalas mulleres que coñezo

Tódalas mulleres que coñezo (o medo como compañeiro de paseo)

6 de marzo de 2019 ás 19 h, no Salón de Actos da Fac. de Formación do Profesorado

Promove: Proxéctate en galego –  Encontros da lúa chea

Tódalas mulleres que coñezo

Xustamente un ano despois de falar de micromachismos, volvemos achegarnos ao Día Internacional da Muller poñendo o foco sobre situacións de violencia que socialmente tenden a minusvalorarse, pero que lle meten o medo no corpo a millóns de mulleres cada día.

Neste Encontro queremos falar sobre como perciben as mulleres o espazo público. E para facelo, proxectaremos o filme Tódalas mulleres que coñezo, un documental premiado en diversos festivais de cinema ao longo do ano 2018, e no que a través de conversas con distintos grupos de mulleres Xiana do Teixeiro pon en evidencia o masculinizada e violenta que continua sendo a rúa hoxe en día.

O filme foi rodado en Lugo, unha cidade pequena e tranquila pero que tamén está chea de historias que as mulleres só contamos en voz baixa.

Pero non queremos quedarnos na simple proxección. Aproveitaremos a sorte de que as protagonistas sexan veciñas para falar con elas, para debater sobre quen domina as rúas, por que tanta xente non se sente segura nelas, e que se pode facer para cambiar as cousas.

Porque todas e todos deberiamos ter algo que dicir nesa conversa:acompáñanos no Salón de Actos da Fac. de Formación do Profesorado, o vindeiro 6 de marzo a partir das 7 da tarde.

Detalles

Fecha:
6 de marzo, 2019
Hora:
19:00
Categoría del Evento:
X