
- Este evento ha pasado.
Documentario: “Estructuras, pel contra pel”
26 de febrero, 2020 - 20:00

A Asociación Cultural Cultura do País presenta, o V ciclo de documentarios “Enxergando o país” que terá lugar os mércores dias 26 de febreiro, 4 e 11 de marzo ás 20.00 no lar da asociación, situado no carril das hortas, nº1.
A entrada é de balde e aberta a toda a cidadanía.
O mércores 26 de febreiro proxectarase “Estructuras, pel contra pel”, realizado por
Paco Gallego e Xosé Bocixa, Estructuras amosa “un conxunto de actuacións que
conteñen unha responsabilidade colectiva disociada do que individualmente achegue
cada quen”.
O mércores 4 de marzo proxectarase “Benvidas ao club” realizado por Carmen PG
Granxeiro no cal se aborda o caso Carioca, operación contra a trata de mulleres que
aconteceu na cidade de Lugo. Contará coa presenza da directora Carmen Granxeiro. En
colaboración con Avante LGTB+
O mércores 11 de marzo proxectarse “O primeiro dia de outubro” realizado por Bart
Grugeon coa colaboración de Mar de Lumes e a presenza dun dos membros do
colectivo, este documentario trata os feitos da xornada de referendo de
autodeterminación do 1 de outubro de 2017.