
- Este evento ha pasado.
Encontro coa compañía de teatro da USC Campus Lugo
27 de marzo, 2019 - 18:00 - 20:30

Dentro da programación do 25 Festival de Teatro Universitario: A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour
Todas as actuacións do 25 Festival de teatro Universitario terán lugar no Auditorio Gustavo Freire.
A entrada é libre salvo para a actuación da Casa de ilusións – as entradas recóllense na oficina de cultura da vicerreitoría de coordinación –
PROGRAMA
O mércores 27 de marzo ás 18:00 horas e as 20:30 horas no auditorio Gustavo Freire terá lugar un encontro coa compañía de teatro da USC de Lugo.
O mércores 27 de marzo ás 21:00 horas no fondo da Praza Maior terá lugar unha intervención na rúa dos teatreiros e teatreiras de Lugo e a lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro creado por Carlos Santiago.
O xoves 28 de marzo ás 12:30 no Auditorio Gustavo Freire terá lugar o ensaio xeral e coloquio da Casa de ilusións (entrada libre ata completar aforo limitado).
O venres 29 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a actuación do Teatro el Mayal da Universidade de León coa obra Aquí en la tierra a cargo de Javier R. de la Varga.
O sábado 30 de marzo ás 20:30 horas, o domingo 31 de marzo ás 18: 00 horas e ás 20:30 horas e o luns 1 de abril ás 10:30 terá lugar a actuación da compañía de teatro da USC de Lugo coa obra Casa de ilusións dirixida por Paloma Lugilde.
O luns 1 de abril ás 20:30 horas terá lugar a actuación da Compañía Maricastaña da Aula de Teatro de Ourense coa obra Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse dirixido por Fernando Dacosta.
Promovido por: Lugo Cultural