viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro-coloquio: «Desafiar ao poder, combater a discriminación»

29 de noviembre, 2019 - 20:00

O vindeiro venres 29 de novembro ás 20h no salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (R/ Quiroga Ballesteros) terá lugar un encontro-coloquio con Mª Teresa Rivera, defensora dos dereitos humanos de O Salvador que actualmente reside en Suecia como asilada política.

En 2011 MªTeresa Rivera foi condenada a 40 anos de prisión tras sufrir un aborto espontáneo, permanecendo no cárcere ata o 20 de maio de 2016, cando o xuíz desestimou os cargos na súa contra.

Tras anunciar a fiscalía que recorrería a súa liberación e ante o risco de volver a ser encarcerada saíu do país sendo acollida por Suecia onde se lle concedeu refuxio converténdose na primeira muller no mundo á que se lle concedeu asilo político por sufrir persecución por abortar.

Actualmente traballa polos dereitos das mulleres no Salvador, en particular os dereitos sexuais e reprodutivos. As mulleres que sofren emerxencias obstétricas no Salvador a miúdo son acusadas en virtude de leis que prohiben o aborto en absolutamente todas as circunstancias.

Segundo as organizacións coas que traballa Amnistía Internacional no país, polo menos 16 mulleres permanecen encarceradas ou continúan enfrontándose a cargos nestas circunstancias.

Detalles

Fecha:
29 de noviembre, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:
X