lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro con Xacio Baño, lucense director da película «Trote»

20 de diciembre, 2018 - 19:30

O cineasta de Xove estará o próximo xoves día 20 de decembro nos Codex Cinema para presentar a súa prestixiosa longa Trote

O filme ven de presentarse con éxito no Festival Internacional de Cine de Locarno e tamén no de Donostia, dous dos máis importantes do mundo, fitos que colocan a Baño como un dos cineastas galegos e españois de maior proxección internacional, unha carreira en constante crecemento despois dun lustro traballando no formato curto.

Lugo estará á altura desta estrea pois Codex Cinema estreará o filme ao mesmo tempo que no resto de España. Unha semana onde o filme contará con dous e ata tres pases diarios que culminará coa visita do cineasta o xoves 20 de decembro para presentar o filme e ter un encontro posterior co público. Será no pase das 19:30 horas.

En Codex Cinema buscamos achegarnos ao público, que sexan partícipes da nosa programación e vexan os cinemas como algo propio, un espazo de relación e conexión. Polo tanto, é unha honra poder contar coa presenza dun cineasta recoñecido internacionalmente e que ademais é da nosa terra. O director do filme estará acompañado pola produtora do filme Luisa Romeo.

Esta visita marca o compromiso que Codex Cinema quere ter cos filmes e coa cultura que se fai en Galicia, por iso queremos que Trote teña consideración de gran estrea, como se fose o noso blockbuster particular. Agardamos que a proposta de cinema galego e en galego teña recoñecemento nos espectadores. Vai ser o primeiro dunha serie de encontros que en Codex queremos ter regularmente cos creadores galegos.

 

Codex Cinema

Viana do Castelo nº 3, 27003 Lugo

Detalles

Fecha:
20 de diciembre, 2018
Hora:
19:30
Categoría del Evento:
X