martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro «Enraizadas no rural: innovación con nome de muller»

22 de marzo - 17:00

Encontro «Enraizadas no rural: innovación con nome de muller»

Os ‘Encontros de Lúa Chea’, unha actividade promovida polo colectivo universitario Proxéctate en Galego, no que participan a Comisión de Normalización Lingüística da EPSE e o grupo de innovación docente Ruralia, para favorecer a reflexión, a análise e o debate sobre temas de actualidade, volven este martes 22 de marzo á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC coa sesión ‘Enraizadas no rural: innovación con nome de muller’.

A xornada, de acceso libre e de balde para todo o público interesado, comezará ás 17.00
horas na Sala de Xuntas da EPS de Enxeñaría, onde tres emprendedoras presentarán tres
proxectos innovadores ligados ao medio rural, tal e como o son Carabuñas, Maruxío e
Traloagro.

Eva González dará conta na súa intervención da evolución experimentada por Carabuñas,
unha marca con sede en Vilar de Santos que procura a posta en valor do sabugueiro e
das súas propiedades a través da comercialización de produtos ecolóxicos saudables e
innovadores como marmeladas, xeleas, infusións, bombóns, licores, cervexas…

Do mesmo xeito, a impulsora de Maruxío, María Rivas, explicará a actividade desenvolvida
desde a Estrada por Maruxío, unha iniciativa empresarial que combina desde A Estrada a
oferta de aloxamento rural, a dinamización cultural e a repostería artesá.

Isabelle Gómez, promotora de Traloagro, unha empresa avícola e bovina en ecolóxico
asentada en Friol, falará do novo pulo dado por Traloagro desde que deu o paso á
transformación e venda da produción propia da explotación e doutros produtos
certificados logo da posta en marcha dunha central de despezamento e da apertura de
dúas tendas.

Detalles

Fecha:
22 de marzo
Hora:
17:00
Categoría del Evento:
X