lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro: Micromachismos: de «micro» nada

6 de marzo, 2018 - 19:30 - 21:00

A violencia de xénero, a discriminación laboral ou presentar a muller como un obxecto proban que o machismo está aínda moi instalado na nosa sociedade. Pero estes son os aspectos máis visibles, a punta do iceberg dun sistema patriarcal e machista que se sustenta grazas a unha violencia máis sutil pero ben real.

De maneira cotiá prodúcense situacións (coma os que se citan nesta lista ou neste vídeo) aceptadas socialmente e normalizadas, que non se perciben como discriminatorias e que constitúen o que se deron en chamar micromachismos, quizais restándolle a importancia estrutural que teñen.

Por iso, no Encontro de marzo, a só un par de xornadas do Día Internacional das Mulleres, queremos poñer a nosa atención neste fenómeno, nas súas implicacións, nos valores implícitos que defenden e transmiten eses comportamentos, e na forma de destapalos e denuncialos.

E para falar de todo isto achegaranse á cafetaría da EPSE Guadalupe Jiménez-Esquinas, profesora da Área de Antropoloxía Social da USC e gañadora do primeiro premio na última edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero (modalidade de investigación), que será presentada por Elena Freire Paz, profesora do Campus Terra e membro da mesma Área.

Cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Detalles

Fecha:
6 de marzo, 2018
Hora:
19:30 - 21:00
Categoría del Evento:

Local

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Rúa Benigno Ledo, 2
lugo, Lugo 27002 Spain
+ Google Map
Teléfono:
982 82 30 08
X