
- Este evento ha pasado.
Encontro – Paisaxes con ou sen xente: o futuro do territorio na Galiza
10 de noviembre, 2022 - 19:00

Encontro – Paisaxes con ou sen xente: o futuro do territorio na Galiza
10 de novembro de 2022 ás 19 h, na cafetaría da EPS de Enxeñaría
Segundo o Instituto Galego de Estatística, a superficie rural ocupaba en 2021 o 82% do territorio galego. Nese vasto territorio só vivía por esas datas o 26% da poboación galega.
Galiza é o lugar con máis entidades de poboación da península Ibérica (máis de 40.000), pero a poboación leva décadas concentrándose de forma cada vez máis acusada na faixa occidental, deixando abandonadas partes moi extensas do territorio.
Este abandono ten implicacións demográficas, sociais e tamén produtivas; e velaí un dato como mostra: desde 1987 perdemos o 68% das nosas explotacións agrarias.
Diante deste panorama, cómpre falar do futuro que queremos para as áreas rurais galegas, uns espazos que cada vez son menos agrarios pero aínda non chegaron a ser ningunha outra cousa.
Debemos aspirar a un futuro onde os ecosistemas se renaturalicen completamente en ausencia de actividade humana? Ou pola contra debemos buscar un rural habitado e ordenado de acordo non só con criterios ambientais senón tamén produtivos?
O día 10 de novembro queremos falar de se hai alternativas, da viabilidade que teñen e dos pros e os contras de cada unha. E para iso traemos a dous especialistas da propia USC:
- David Soto Fernández, da Área de Historia Económica
- Emilio Carral Vilariño, da Área de Ecoloxía