
- Este evento ha pasado.
Entroido 2022 en Lugo – Programación
22 de febrero - 4 de marzo

Entroido 2022 en Lugo – Programación
Martes 22/02
A Tradescola realizará o Folión de Entroido. Saída: Centrad ás 17.00 h. Faranse paradas no centro da cidade con bailes e cantos típicos do entroido.
Venres 25/02
20:00 Casa do Concello Pregón do Entroido, a cargo do músico local David Taboada, e a partir das 20:30 actuación musical da charanga Unión Phenosa polo recinto histórico.
Sábado 26/02
12:30 actuación da Tambukada, que continuará ás 14:00, ambas actuacións pola zona centro.
A partir das 17:00, terá lugar o concurso infantil de disfraces na praza Maior. Durante a deliberación do xurado, o público poderá desfrutar da animación de Kote Malabar, e a partir das 20:30, a charanga Asociación Amigos da Terra Chá.
Domingo 27/02
A praza Maior contará coa gala de circo de Entroido Introitus, interpretada por Culturactiva ás 18:00
Luns 28/02
A compañía de teatro Down Lugo e Cía realizará o seu espectáculo Ti te me deixas querer? no fondo da praza Maior ás 19:00, e a partir das 20:30 a charanga OT animará as rúas do centro da cidade.
Martes 1/03
A partir das 12:30 sairá da praza Maior o espectáculo itinerante Pakonstein, a cargo da compañía Discípulos de Morales.
Pola tarde terá lugar o concurso de disfraces en categoría adulta, a partir das 17:00 na praza Maior, e ás 18:30 a charanga Paradela realizará animación de rúa polo centro.
Venres 4
Enterro da Sardiña, organizado pola asociación Pepe Barreiro. Desde as 19:30 estará o Velorio da Sardiña no Quiosco da Música da Pza Maior. 19:45 horas achegarase ao veloroio a procesión da Santa Compaña e ás 20:00 sairá do Círculo das Artes a procesión de Enterro da Sardiña.