
- Este evento ha pasado.
Espectáculo de danza Butoh
24 de marzo, 2018 - 21:00
8€
Desde o Xapón… Yuko Kawamoto!!!
Aforo limitadísimo.
A bailarina de butoh Yuko Kawamoto mostrará a súa peza ‘Tsuki no Umi’. Esta mostra encádrase no contexto da súa visita á cidade na súa xira por Europa, e dun obradoiro de danza butoh que está a impartir nas instalacións de Ítaca. O martes pasado, a artista tamén ofreceu unha máster class no Conservatorio de Danza, para as alumnas dos últimos cursos de Contemporáneo.
Yuko Kawamoto é tamén coreógrafa e directora da compañía Shinonome Butoh, con sede en Tokio. Foi durante dez anos alumna do recentemente falecido Yukio Waguri, á súa vez alumno de Tatsumi Hijikata (fundador da danza butoh) e encargado de manter vivo o seu legado.
A danza butoh nace no Xapón cara finais dos anos 50, nunha sociedade e cultura en crise que, trala Segunda Guerra Mundial, o horror nuclear e a ocupación americana, busca unha nova significación do ser humano e da vida. Nese contexto, o butoh xorde cun pulo de resistencia fronte ás circunstancias que ameazaban con aniquilar o individuo e a cultura, e cun espíritu de ruptura co establecido que se manifesta na busca dunha nova linguaxe escénica.
Promove: Asociación Cultural 3monos