
- Este evento ha pasado.
Espectáculo familiar – Canta miña pedra canta
15 de mayo - 18:30

Espectáculo familiar – Canta miña pedra canta
Xoán Curiel e Charo Pita
- Auditorio Municipal Gustavo Freire (ver mapa)
- 60 minutos
Concerto e contacontos familiar.
- Elenco artístico: Xoán Curiel e Charo Pita.
Música, teatro, narración oral e participación activa fan de Canta miña pedra, canta un espectáculo único.
Unha divertida e dinámica proposta teatral e musical infantil para toda a familia, na que dous estudosos de Antonio Fraguas que van dar unha conferencia na capital arredor deste autor van pouco a pouco entrando na súa vida, nun tándem en escena que resulta eléctrico.
Xoán Curiel crea cancións propias e pon música ás cantigas recollidas por Antonio Fraguas, namentres que a actriz e contadora Charo Pita conta contos populares tamén de recollida do noso patrimonio inmaterial.
ENTRADAS
A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.