viernes, septiembre 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Espectáculo familiar “O Conto de Barriga Verde”

24 de marzo, 2019 - 12:30

Espectáculo familiar “O Conto de Barriga Verde”

A Sala Hipócrita ofrece unha nova sesión matinal para público familiar este domingo día 24. Fran Rei presentará o espectáculo “O Conto de Barriga Verde”, escrito por Avelino González a partir de varias obras de Manuel María.

O espectáculo pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.

Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno ao mesmo tempo demostrarán que nada é máis forte que o amor verdadeiro.

A función será ás 12:30h e as entradas custan 5€ (poden reservarse enviando un correo-e a: hipocritateatro@gmail.com)

Detalles

Fecha:
24 de marzo, 2019
Hora:
12:30
Categoría del Evento:

Local

Ítaca. Artes Escénicas
R/ Doutor Gasalla, 18
Lugo, 27004
Teléfono:
635 85 22 67
Web:
https://www.facebook.com/itacaartesescenicas/
X